10. ONGD e Universidade: 6 anos investigando a Educación para a Cidadanía Global

Tipo de comunicación

Póster. Educación para el desarrollo sostenible y la ciudadanía global

Palabras clave (keywords)

Cidadanía Global; Investigación; ONGD; Universidade; Desenvolvemento

Abstract

A ONGD Solidariedade Internacional de Galicia e o grupo de investigación PEHS da Facultade de CC. da Educación da Universidade da Coruña levamos dende o ano 2013 desenvolvendo investigación conxuntas sobre a Educación para a Cidadanía Global co obxectivo de mellorar e incrementar a súa presenza no sistema educativo galego dun xeito transversal a través da súa integración curricular. Neste sentido , a perspectiva de ED coa que traballamos é a de quinta xeración (Mesa 2002), a Educación para a Cidadanía Global, baseada na concepción de cidadanía cosmopolita (Nussbaum, 2005). Nestes anos de traballo colaborativo implementamos 6 proxectos, financiados nas convocatorias de concorrencia competitiva da Cooperación Galega: 1) Investigando na Educación para o Desenvolvemento. Un estudo de caso sobre a implementación do proxecto O tesouro de Acahualinca. 2) Explorando as posibilidades de estender a dimensión global da ED na ESO. Unha investigación diagnóstica en centros educativos de Galicia. 3) Investigando a dimensión global da ED. Un proxecto piloto de investigación-acción colaborativa nun centro educativo de Galicia. Fase I. 4) Investigando a dimensión global da ED. Un proxecto piloto de investigación-acción colaborativa nun centro educativo de Galicia. Fase II. 5) Investigando a dimensión global da ED na ESO e no ensino universitario de Galicia. 6) Investigando no territorio para coñecer e recoñecer os centros educativos que traballan Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global en Galicia. O conxunto das investigacións responden a un contínuum, onde os achados de cada unha vannos levando a expor as seguintes. Todos os estudos parten dun enfoque cualitativo, que se materializa en cada un dos proxectos con diferentes metodoloxías (estudos de caso, IAP, investigacións diagnósticas, cartografía social). Todos eles representan a persistencia nunha idea, dotar á Educación para o Desenvolvemento dunha fundamentación científica contrastada por persoal experto investigador e mellorar a praxe das intervencións socioeducativas.

Autores

  • Lampón Gude, Ana
    Solidariedade Internacional de Galicia, ES
  • Caride Delgado, María José
    Solidariedade Internacional de Galicia, ES
  • Paz Gutiérrez, María
    Solidariedade Internacional de Galicia, ES
  • Calvo López, Zaida
    Solidariedade Internacional de Galicia, ES