96. UNHA CALA NA COOPERACIÓN CULTURAL INTERNACIONAL: ACHEGA E PROPOSTA DENDE O MÁSTER DE SERVICIOS CULTURAIS DA USC
Tipo de comunicación
Comunicación. Tecnologías para el desarrollo, la sostenibilidad y la cooperación
Palabras clave (keywords)
Cooperación; desenvolvemento; diversidade-cultural; Unesco; Aecid
Abstract
UNHA CALA NA COOPERACIÓN CULTURAL INTERNACIONAL: ACHEGA E PROPOSTA DENDE O MÁSTER DE SERVICIOS CULTURAIS DA USC
MAR DE SANTIAGO
Dpto. de Ciencia Política e Socioloxía
Facultade de Humanidades
Campus Terra
mdelmarde.santiago@usc.es
A asignatura Cooperación Cultural Internacional e Procesos Migratorios Contemporáneos é una materia de 6 créditos que se oferta de xeito optativo no Máster Semipresencial de Servicios Culturais da Facultade de Humanidades do Campus Terra. O seu contido ten dúas partes, interconectadas, mais diferenciadas no eixo temático vertebrador e na abordaxe da mesma: unha dende a mirada sociolóxica, e a outra cunha perspectiva histórica. Esta comunicación quere compartir e poner en común neste foro universitario, a proposta académica e a experiencia en varias edicións do devandito Máster impartindo aulas de Cooperación Cultural Internacional.
A programación da materia nesta parte se estrutura en torno a cuatro temas:
Tema 1. Introdución: cultura, desenvolvemento e cooperación internacional.
Tema 2. Os retos da multiculturalidade:o valor intrínseco da diversidade cultural
Tema 3. UNESCO: acción cultural e cooperación ao desenvolvemento.
Tema 4. AECID: xestión cultural e cooperación internacional.
Os dous primeiros están concebidos coma unha introdución á Cooperación Internacional en materia de Cultura. Para unha mellor comprensión dos contidos se pon a dispor do alumando sendas Unidades Didácticas ou Documentos de Traballo elaborados pola docente e que tentan achegar os coñecementos e ferramentas básicas para abordar esta senlleira área de traballo. Os temas 3 e 4 se imparten dun xeito moito máis práctico. O tema 3 supón o desembarco no actor chave e protagonista desta parte da asignatura: falar de Cooperación Cultural Internacional é falar da UNESCO. O tema 4 amosa a realidade e especificidade da AECID, a Axencia Española de Cooperación Internacional dependente do Ministerio de Asuntos Exteriores, UE e Cooperación; focalizando a nosa mirada na intervención sociocultural e comunitaria.

Autores
- DE SANTIAGO PÉREZ, MAR
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA (USC), ES