17. Transformación organizacional pro equidade de xénero no marco das accións de desenvolvemento. Estudo de caso: La Vía Campesina Internacional (LVC)
Tipo de comunicación
Comunicación. Feminismo(s) y perspectiva de género
Palabras clave (keywords)
Campesiñado, Feminismos, Transformación Organizacional, Perspectiva de Xénero
Abstract
No marco dos proxectos de cooperación internacional a transversalización da perspectiva de xénero constitúe a día de hoxe un elemento imprescindíbel, que aspira a ser unha cualidade intrínseca do traballo desenvolvido polas organizacións e institucións que actúan neste contexto.
Como parte desta estratexia, un crecente número de axentes están levando adiante procesos de transformación organizacional. A miúdo estas entidades son conscientes de que eliminar as desigualdades entre homes e mulleres nas súas propias realidades non só forma parte tamén do proceso de transversalización da perspectiva de xénero na acción social, senón que incrementa as posibilidades de minimizar o impacto das discriminacións de xénero na execución dos seus propios programas de traballo, como ten sido sinalado por distintas autoras dende a perspectiva teórica do Cambio Organizacional pro Equidade de Xénero.
La Vía Campesina (LVC) é unha coordinadora internacional creada no ano 1993 que representa no seu conxunto a máis de 200 millóns de persoas. Agrupa a 182 organizacións de pequenos agricultores/as, traballadores/as do campo, mulleres rurais e pobos indíxenas. Ten presenza en 81 países de África, América, Europa e Asia, sendo as organizacións de base que a integran copartes en numerosos proxectos de desenvolvemento en todo o planeta.
A fin de afondar no coñecemento de experiencias e boas prácticas na transversalización da perspectiva de xénero no marco da cooperación internacional, a modo de estudo de caso esta comunicación analiza de xeito retrospectivo documental o proceso de transformación organizacional pro equidade de xénero que ao longo de máis de dúas décadas ten situado ao movemento social agrario La Vía Campesina como unha referencia neste eido, tanto no ámbito social como académico.

Autores
- MONTOTO, VERA CRUZ
, ES