46. Grupo interuniversitario de investigación en cooperación técnica para o desenvolvemento sustentable do Sistema Universitario Galego

Tipo de comunicación

Comunicación. Tecnologías para el desarrollo, la sostenibilidad y la cooperación

Palabras clave (keywords)

Investigación, Cooperación Universitaria, Tecnoloxía, Hábitat

Abstract

A Cooperación Universitaria ao desenvolvemento está conformada en Galicia pola Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGCUD) e polas estruturas propias de cada universidade. No seu conxunto esta armazón actúa como canle para apoiar e visibilizar a actividade que se realiza dende as diversas áreas de coñecemento. Botase en falla a existencia de espazos de creación do saber técnico capaz de transformarse en accións de cooperación para o desenvolvemento.

O 28 de maio de 2019 a Xunta de Galicia publica as bases reguladoras da concesión de subvencións en réxime de concorrencia competitiva para crear grupos de investigación en materia de cooperación para o desenvolvemento no marco da Axenda 2030, que executarán os grupos e centros de investigación das universidades galegas. Esta convocatoria mobiliza a un grupo de persoas das tres universidades de Galicia, adscritas aos estudos de Enxeñería de Camiños, Edificación, Arquitectura, Socioloxía, Xeografía, Paisaxe e Telecomunicacións e tamén das Oficinas de Cooperación e Voluntariado e Medio Ambiente da Universidade da Coruña.

Todas estas persoas, en número superior a vinte, presentan actividade no ámbito da construción social do hábitat e poñerán a súa experiencia, capacidade e motivación para traballar conxuntamente, de forma multidisciplinar, integrando tamén na experiencia a dous dos actores especializados mais relevantes neste eido en Galicia: Arquitectura sen Fronteiras e Enxeñería sen Fronteiras.

Baixo a orientación do prescrito nos ODS-17 (Alianzas para acadar os obxectivos) e ODS-4 (Educación de calidade) deseñan un grupo interuniversitario de investigación en cooperación técnica para o desenvolvemento sustentable sendo os seus obxectivos fundacionais:

1) Consolidar a cultura investigadora en cooperación técnica ao desenvolvemento sustentable;
2) Reforzar a visibilidade do grupo;
3) Reforzar as capacidades de transferencia do coñecemento;
4) Identificar e formular liñas de investigación.

En setembro de 2019 o grupo recibe a plácet do financiador, que permite fortalecer o traballo iniciado.

Autores

  • Varela-García, Francisco-Alberto
    Universidade da Coruña, ES
  • López Bravo, Cristina
    Universidade de Vigo, ES
  • Lizancos, Plácido
    Universidade da Coruña, ES
  • Peña González, Enrique
    Universidade da Coruña, ES
  • Piñeira Mantiñán, María José
    Universidade de Santiago de Compostela, ES
  • Puertas Angulo, Jerónimo
    Universidade da Coruña, ES
  • Cendán Verdes, José Jesús
    Universidade da Coruña,
  • López Piñeiro, Santiago
    Universidade da Coruña,
  • Naves García-Rendueles, Acacia
    Universidade da Coruña,
  • Míguez Martín, Vanessa
    Universidade da Coruña,
  • Cuba Cabana, Hilda
    Universidade da Coruña,