63. Ecofeminismo e desenvolvemento humano sostible, a través da titoría, en Educación Primaria.
Tipo de comunicación
Comunicación. Feminismo(s) y perspectiva de género
Palabras clave (keywords)
ecofeminismo, desenvolvemento humano, desenvolvemento sostible, educación primaria, titoría.
Abstract
O mundo que habitamos atópase nunha conxuntura de absoluto desequilibrio a causa das actuacións dun ser humano con ansías de poder e riqueza, pertencente, na maioría dos casos, aos países mais desenvoltos. O cambio climático, as desigualdades de xénero, a violencia machista, o maltrato animal, o consumo irresponsable, a sobreexplotación dos recursos, entre outros aspectos, teñen a súa base no androcentrismo e no antropocentrismo, e responden, en gran medida, á total falta da ética do coidado.
A Axenda 2030 establece, como un dos seus obxectivos, unha educación de calidade para todas e para todos, que contemple todos os aspectos citados, que rompa co negacionismo e, sobre todo, co recoñecemento displicente e conformista por parte da sociedade.
Neste contexto, a educación debe incorporar no seu quefacer diario o ecofeminismo radical e o desenvolvemento sostible, provocando deste xeito, un cambio de conciencia xeracional no alumnado implicado que garanta unhas maiores cotas de xustiza social con e para o planeta que compartimos.
Ante esta situación, e dada a importancia da titoría para o desenvolvemento integral do alumnado, proponse unha intervención para a educación primaria que se desenvolverá en colaboración co alumnado da Universidade de Santiago de Compostela.

Autores
- Villar Varela, Milena
Universidad de Santiago de Compostela, ES - Méndez Lois, María José
Universidad de Santiago de Compostela, ES